Unha persoa falecía hoxe ao ser arroiada por un tren entre San Amaro e Pontevedra ,nun paso non autorizado, explican desde Adif. Segundo o 112 Galicia, todo apunta a que a vítima arroxouse ás vías.
O suceso producíase ao filo das 13:15h e alterou o tráfico ferroviario causando atrasos en liñas que comunican Vigo e A Coruña, tal e como relatan algúns dos pasaxeiros destes trens. Segundo Adif está previsto o traslado dos pasaxeiros noutro tren ou por estrada.