Dúas persoas resultan feridas de gravidade nun accidente en Barro

Dúas persoas foron evaucadas esta tarde ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por mor das graves lesións provocadas por un accidente de tráfico na PO-226, en Barro.

Foron varias as chamadas de alerta recibidas polo 112 Galicia ás 16:30 horas de este sábado para alertar dun accidente no que se viron implicadas unha moto e unha furgoneta cando circulaban pola estrada de Porráns a Moraña, á altura de Mane. As mesmas persoas que contactaron co servizo de atención ás emerxencias de Galicia sinalaban a gravidade das feridas sufridas especialmente polo motorista debido á posible perda dun membro inferior. Así, os profesionais sanitarios acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Finalmente, os dous condutores foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, mentres que no lugar do accidente permanecía o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, encargado da limpeza e restablecemento das condicións de seguridade na vía.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/sucesos/duas-persoas-resultan-feridas-gravidade-nun-accidente-barro/20180804192540994238.html

_20180804_185230

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s