Os datos do crecemento turístico mostran que no primeiro semestre deste ano visitaron a provincia de Pontevedra un total de medio millón de turistas, experimetando un crecemento desl 12’6%respecto de 2016. Así o manifestaba a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a sinatura do convenio anual coa Mancomunidade de Terras de Pontevedra, o organismo que potencia a actividade turística na comarca e que está presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O convenio contempla un investimento de 100.000 euros para potenciar propostas que fomenten as visitas á comarca, con investimento dun 60% por parte da Xunta e 40% dos diferentes Concellos que integran a Mancomunidade.
MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE: