Buscan un mariñeiro de Barro tras naufragar o seu pesqueiro en Senegal

Un mariñeiro de Marín, Vicente Pazos, permanece desaparecido en augas de Senegal. O pesqueiro no que traballaba, o Senefand 1, da compañía armadora viguesa Grupo Profand, naufragou o pasado venres fronte ás costas de Dakar e os equipos de rescate lograron localizar a oito dos once mariñeiros, pero tres seguen sen aparecer, o marinense, que ademais é o patrón do buque, e dous senegaleses.

O patrón, de 52 anos, é natural de Marín e ata hai uns meses era veciño do barrio de Cantodearea, pero recentemente trasladouse a Portela no Concello de Barro coa súa esposa.

Entre os tripulantes rescatados desta embarcación, que navegaba con bandeira de Senegal, está un pontevedrés, o xefe de máquinas, natural de Moaña. Un caboverdiano, un cidadán de Guineau-Bissau e cinco senegaleses completaban a tribulación que xa foi levada a terra sa e salva.

58a0683c0b-mediosmaritimosportada1

Deixar un comentario