Outubro 2013 – CAPÍTULO 1 Ameazado xudicialmente por varios asuntos urbanísticos indisimulables, o rexedor ponse en mans expertas para botar balóns fora.
Para acadar unha conveniente exculpación por parte dun organismo superior, aconsellánlle delegar a inspección urbanística municipal na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).
A favor: cubrirlle as espaldas.
En contra: plans anuais de inspección e denuncia ós veciños, que se verán sometidos a expedientes tramitados non en Barro senón en Santiago, retirándolle ó concello a capacidade de resolver (ou non) as denuncias.
Decembro 2014 – CAPÍTULO 2 A Directora da APLU, en contradicción cos informes técnicos que consideran ilegalizable a ponte de Valbón e que propoñen a súa demolición, resolve que a ponte é legalizable.
INFORME:
RESOLUCIÓN:
Outubro 2015 – CAPÍTULO 3
Con máis de vinte expedientes de inspección abertos contra veciños dende a sinatura do convenio, comezan a chegar as ordes de demolición de vivendas, galpóns e casetas.
A Directora da APLU non volve a contradicir nin un dos informes urbanísticos dos seus inspectores.
Colapsa a política do “ti vai facendo”: as ordes de demolición chéganlle tanto ós inimigos coma ós amigos.
O defenestrado rexedor, liberado dos seus problemas a cambio de entregar ós veciños, lávase as mans e asubía disimulando cara outro lado, máis preocupado de seguir saíndo na prensa e nas fotos do partido.
Sumiso ás ordes de San Caetano (os favores hai que pagalos), pasa os días previos ó seu demorado retiro rebaixándose a selfies poligoneros, a melodramas anacrónicos e ó que lle manden, ainda que o que lle manden sexa un esperpéntico e desubicado espectáculo de apoio á Celulosa con fondos públicos (¿ou ti es dos que pensan que non cobra por ir ós plenos?).
Cobran os dous e, xa que pagades, animádevos e ídeo ver (“ocupen su localidad”).
Quen sabe… ó mellor un día destes él mesmo explica por qué vos vendeu á APLU e pide perdón.