A Biblioteca Municipal de Barro celebra esta tarde o 178ª aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha lectura pública de poemas da histórica poeta galega.
Para acompañar a escoita dos emotivos versos da escritora compostelá, aos asistentes ao acto ofreceráselles a oportunidade de saborear un café ou un té para aderezar as conmovedoras palabras das composicións de Rosalía.
O acceso ao acto, gratuíto para todos os públicos, abrirase a partir das 17.00 horas e a oficina municipal de información xuvenil de Barro anima a todos os interesados a participar, a gozar e a descubrir cos poemas de Rosalía de Castro a historia e o sufrimento de moitos galegos que vivían no século XIX.