O Barro, 25 anos dedicados ao fútbol

diario_pontevedra.750

O BARRO CLUB DE FÚTBOL está de celebración. Tras pasar por altibaixos superou todas as adversidades e hoxe en día encóntrase disposto a seguir formando xogadores como mellor sabe facer.

O Barro C.F. está composto na súa totalidade por 54 deportistas e catro categorías diferentes. Nelas, tres son de fútbol sala: sénior feminino, prebenxamín e biberón, e unha é de fútbol: equipo de Terceira Rexional masculino.

O club conta cunha serie de valores e particularidades que o definen, como indica o seu novo lema, «Con respecto gañamos todos/ás» co que o club quere facer fincapé nos seus principios, mostrando cual é a base do seu sistema de ensino. «O lema é unha declaración de intencións. O principal é que todos o nenos participen. Ademais, queremos fomentar valores como o respecto aos compañeiros, aos directivos, adestradores e, por suposto, entre eles. Mesmo temos unhas normas para os pais. Á fin e ao cabo, os nenos son nenos e son os pais os que deben orientalos polo bo camiño», comenta José Sanmartín, presidente do Barro C.F. Sanmartín recalca así a necesidade de facer comprender os máis pequenos que os resultados competitivos deben estar nun segundo plano: «Os nenos algunhas veces son moi crueis entre eles. Pais, adestradores e directivos deben facelos ver que o principal é pasalo ben».

O presidente fai unha mención especial ao fomento do deporte, especialmente entre os máis novos: «O deporte é moi importante para nenos e adolescentes. Sempre lle dicimos aos pais que non castiguen aos nenos con quitarlles o fútbol, teñen que velo como algo positivo, nunca negativo,».

A motivación e o cariño por parte dos titores son tamén aspectos moi importantes que José Sanmartín non dubida en resaltar: Gústanos que os pais estean presentes nos partidos para animar os nenos. Ademais, sempre dicimos que unha mirada cómplice ou un xesto de ánimo é mellor que un berro».

A nivel competitivo o club está a lograr bos resultados, pois hai unha evolución progresiva dos mozos. «As cousas van moi ben en xeral. Os nenos evolucionan, especialmente o equipo de prebenxamín, que se encontra neste momento segundo do seu grupo,».

O club celebra este ano o seu 25 aniversario tras a súa creación en 1990 da man de Leoncio Vicente Longa, por aquel entón director do colexio, en colaboración cuns cantos veciños de Barro.

Para celebralo e conmemorar o seu aniversario, o club está a preparar unha serie de eventos. Xa se levaron a cabo os torneos interparroquiais, que o Barro C.F. leva organizando dous anos cun resultado moi exitoso. Agora o club está centrado na organización dunha gala, que contará con convidados especiais, e un torneo solidario para os máis pequenos. «Estamos a preparar unha gala especial, na que haberá colaboracións de humoristas, deportistas, grupos musicais… Aínda que aínda está sen pechar, probablemente será realizada no mes de abril. Ademais, tamén realizaremos a terceira edición do Torneo de Fútbol Sala de Biberón Solidiario, que facemos en Curro dende hai 3 anos,».

Neste torneo, que será realizado no próximo mes de xuño, cada club participante entregará unha caixa de alimentos ou calquera achega para os nenos que non teñen recursos. «Co queremos tamén fomentar os valores nos nenos, que vexan que algúns iguais que eles non teñen para comer, e poidan así se involucrar e implicarse de primeira man».

O presidente destaca o arroupo que está a recibir o club e agradece a colaboración do Concello, os patrocinadores, e de todas as persoas que fixeron que, 25 anos despois, o club poida ser unha realidade. «Con gala ou sen gala, o que queremos é resaltar e dar as grazas ante todo, a todos aqueles que fixeron posible que o Barro C.F. chegue aos seus 25 anos. Sen eles, nós non teriamos razón de ser», conclúe orgulloso.

BARRO 3

BARRO 4

BARRO 5

BARRO 1

BARRO 2

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s