O polígono de Barro Meis acada o 50% de ocupación

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A empresa Supermercados Froiz adquirirá 15 parcelas no polígono industrial de Barro-Meis e a firma de autocares Novas Rías, unha parcela de 1.800 metros cadrados situada no interior no parque industrial. Coas novas adquisicións, o parque industrial ten unha ocupación de 97.000 metros, preto do 50%.

Este luns tivo lugar na Deputación de Pontevedra a apertura dos sobres de referencias técnicas das ofertas presentadas para a adquisición de parcelas en Barro-Meis, unha vez concluido o plazo do concurso convocado.

A oferta de Supermercados Froiz é para a compra de 73.394 metros cadrados de chan industrial distribuidos en 15 parcelas ubicadas no espazo situado entre a autoestrada AP-9 e as cabinas de entrada hacia ela vindo dende a Autovía do Salnés.

O concurso convocado saldouse, pois, coa venda de 16 parcelas e un total de 75.194 metros cadrados. A esta cantidade de superficie enaxenada, hai que engadir 22.000 metros cadrados máis, xa adquiridos anteriormente por outras empresas, o que sitúa a cifra de metros de chan industrial vendidos no polígono de Barro-Meis en 97.194 metros. Isto supón unha porcentaxe de ocupación de preto do 50% pois o parque industrial ten unha superficie total de 261.000 metros cadrados á que hai que descontar o espazo ocupado por viais e outros servizos.

O vindeiro venres, día 14, abrirase o sobre C coa oferta económica presentada polas anteditas empresas e na sesión plenaria da Corporación Provincial que terá lugar o 28 de novembro será a súa adxudicación definitiva.

O PROXECTO DE FROIZ

O proxecto de instalacións de Supermercados Froiz nas parcelas de Barro-Meis inclúe dúas naves: unha de almacenamento de productos secos e outra, de productos frescos, que ocuparán unha superficie total de 26.000 metros cadrados.

Ademáis o Grupo Froiz proxecta un anexo á nave principal, para almacenar palés, de 3.500 metros; un edificio de comedor e vestiarios; instalacións de abastecemento de gasoil; un túnel de lavado de camións; e, entre outras construccións, zonas de axardinamento en torno ás naves, nunha superficie de perto de 4.000 metros cadrados.

MÁIS EMPRESAS INTERESADAS

En vista de que varias empresas se interesaron pola adquisición de parcelas, unha vez concluido o concurso antes mencionado e rematado o 3 de novembro, a Deputación estuda agora fórmulas para abrir un periodo de enaxenación directa de parcelas. Algunhas desas empresas gardan relación con tarefas complementarias da actividade de Supermercados Froiz pero, noutros casos, trátase de firmas relacionadas con outros sectores empresariais e industriais.

http://pontevedraviva.com/xeral/15834/supermercados-froiz-autocares-novas-rias-barro-meis-poligono-deputacion-pontevedra/

poligono barro meis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s