O clube BTroula impartirá clases gratuitas de baile aos alumn@s dos IES e Colexio de Barro dentro das actividades programadas pola AC Fervenza da Barosa

  • Participarán máis de 300 alumnos do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal.
  • As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
  • Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo
Durante a vindeira semana, do luns 31de marzo ao venres 4 de abril, máis de 300 alumnos dos colexios de primaria e secundaria de Barro, terán a oportunidade de disfrutar de clases gratuitas de baile de salón e baile deportivo impartidas polos profesores do clube BTROULA de Meis, e dirixidas polo director desta asociación Breogán Pérez.

As materias que se tratarán e o método das clases variarán en función da idade dos participantes ( dende os 3 anos aos 17).

Esta actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa celebración do” I TROFEO VAL DO SALNÉS” que se celebrará o día 4 de maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro.

Cabe sinalar que o derradeiro ano, o “I Trofeo AC Fervenza da Barosa” de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.

BAILE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s