Os participantes de “The Green Path”(O Camiño Verde) pasarán por Barro

Noticias Barro.  Na etapa que vai de Pontevedra a Caldas de Reis, e ao seu paso LOGO_ECOS_DO_SURpor Barro, 30 mozos provenientes de distintos paises da UE que participan en The Green Path (O Camiño Verde), un proxecto da ONG Ecos do Sur que está radicada en Coruña, estarán acompañados por membros da AC “Amigos dá Fervenza dá Barosa”.

The Green Path (O Camiño Verde) forma parte do programa da Unión Europea, Mocidade en Acción, que está destinado a promover comportamentos, actitudes e habilidades “verdes” que fomenten valores medioambientales, nun ambiente multicultural.

Os participantes de Calabria( Italia), Alentejo (Portugal) e España, serán recibidos sobre as 11.30 horas do venres 6 de setembro, no Camiño Portugués á súa entrada en Barro, e estarán acompañados pola AC Fervenza dá Barosa ata a súa saída do concello. A todos eles mostraráselles a Capela de San Amaro (Portela), os cruceiros de Valbón e o Parque dá Natureza dá Ría dá Barosa, último lugar onde se desenvolverá un pequeno taller medioambiental impartido pola AC Fervenza dá Barosa que versará sobre as propias Fervenzas dá Barosa e o Parque Natural.

A experencia adquirida tanto en Barro, como o resto de tramos do Camiño Portugués será plasmada nunha guía práctica sobre o O camiño verde de Santiago de Compostela, que será difundida a través de medios de comunicación e distintas redes sociais pola ONG Ecos do Sur.

Así mesmo a AC Fervenza dá Barosa, colaborará cun negocio local de hostelería de Barro e ofrecerá os participantes de “The Green Path” (O Camiño Verde) un refrigerio e unha bolsa cun tentempié para terminar o camiño ata o final da etapa, que se situa en Caldas de Reis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s