Derradeiro fin de semana do Barro de Tapas, ruta gastronómica e turística en Barro

A ruta gastronómica e turística que se celebra en Barro ata o vindeiro fervenzadomingo día 24, Barro de Tapas, entra na súa recta final. Cunhas previsións que xa foron superadas no transcurso da semana, os 16 locais hosteleiros agardan esta fin de semana, a pesares das previsións meteorolóxicas, completar esta segunda edición con un éxito tanto de visitantes, participantes da ruta e tapas.

Hai que sinalar que o evento foi apoiado pola súa vertiente dinamizadora do turismo, das empresas e da hostelería por distintas administracións como a Axencia de Turismo de Galicia, Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, Concello de Barro ou a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Este Barro de Tapas, que está organizado pola Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, enmárcase dentro dunha serie de actividades que dita asociación programou para o primeiro semestre do 2013.

Fruto das relacións coas empresas participantes, tanto hosteleiros como adegas/cervexería a AC Fervenza da Barosa, acordou iniciar xunto a Saramagal Cervexa Artesanal e a Asociación Galega de Cervexas Artesás, a celebración na tempada de verán da “Barro-Fest” ou Festa da Cervexa Artesán, que pretende reunir en Barro a distintas cervexerías pertencentes a dita Asociación e a cervexeiros, turistas e veciños da comarca.

BARRO DE TAPAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s